Fundada a finais da década dos anos oitenta, esta empresa editorial mantén unha concepción aberta nas súas liñas de publicación; ademais do libro con criterio xeral, Edicións do Cumio produce xogo didáctico en cartón, cartografía, audiolibros, cd rom, discos e dvd de música e diferentes proxectos multimedia. Na edición do libro prima a súa vocación de editora xeralista que atende ás diferentes necesidades do mercado, desde os materiais complementarios do proceso educativo, ata as guías e mapas de tipo turístico e cultural (en seis idiomas diferentes), da literatura ao ensaio… cunha marcada tendencia a ser coadxuvantes no proceso de normalización lingüístico e cultural de Galicia, entendida como entidade propia e diferenciada de calquera outra das do mundo. Vontade que non nos afasta da edición de obras para outros mercados, nomeadamente para aqueles de expresión portuguesa e española.
Datos de Interese
- Ano fundación: 1988
- Cargos directivos:
- Director xeral: Francisco Villegas.
- Responsable multimedia: Cándido Meixide.
- Responsable de produción: Ramón Pais.
- Maquetación: Natalia Susavila e Rosa Escalante
- Liña editorial: Dicionarios, Manuais para a aprendizaxe da Lingua, Etnografía, Biografías, Literatura Infantil, Xuvenil e Adultos. Guías de Turismo. Mapas e planos. Mapas mudos. Multimedia. Música. Fotografía.
- Coleccións: Dicionarios. Ensino. Criterio. Antoloxías. Ensaio. Documenta. Textos. Mitos e Tradicións. Biografías Históricas. A Cociña. Contamoconto. Contos marabillosos. A Curuxa. Gaivota. Narrativa. Cómplice. Multimedia. Guías. Naturguías. Fotografía. Cartografía. Música.
- Títulos do catálogo: 405 títulos (novembro 2011)
- Prefixos do isbn: 84-8289
- Linguas nas que edita: Galego, castelán, catalán, inglés, francés, alemán, asturianu e portugués.
- Distribuidores:
Arnoia Distribución de Libros
Telf: 986 761 020
Fax: 986 761 026