Editorial fundada no ano 2012 na compaña do poeta Carlos Oroza, obra completa coa que comezamos a nosa actividade. Centrados inicialmente na poesía, cos anos fomos ampliando a nosa liña editorial que actualmente abrangue xéneros como poesía, narrativa, ensaio, literatura infantil e banda deseñada.
Contamos con tres selos editoriais (Editorial Elvira, Fosfatina Ediciones e Luscofusco Edicións) con edicións en lingua galega e castelá.
Traballamos baixo os influxos máxicos da Panificadora de Vigo e a súa Oliveira centenaria, cun compromiso total coa cultura, prestando especial atención á contorna máis próxima e a Galicia en xeral.
Consideramos os libros como obxectos/artefactos únicos, nos que tentamos mesturar diferentes artes (literatura, música, debuxo, pintura…), creando obras con personalidade propia.
Contamos dende hai dez anos cun certame de relatos no que tentamos dar oportunidade a que autores e autoras noveis ou contrastados vexan as súas obras premiadas e publicadas.
Mergúllate no mundo detrás do marco!