Xerais presenta en Compostela “A semente, a árbore, a froita”, de Ana Pontón
- On 10/03/2020
O venres 13 de marzo, a partir das 18:30 horas, na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar 7 de Santiago de Compostela) terá lugar a presentación do libro A semente, a árbore, a froita. Ana Pontón en conversa con María Reimóndez.
No acto participarán Ana Pontón, candidata á Presidencia da Xunta de Galiza; María Reimóndez, escritora e activista feminista. Presenta Fran Alonso, Director de Edicións Xerais de Galicia.
Booktrailer do libro: https://youtu.be/p0zWcUertYY