Encontro-coloquio coa escritora Isabel-Clara Simó
- O 11/05/2018
O venres 18 de maio a escritora catalá Isabel-Clara Simó ofrecerá, dentro do programa de actividades da súa estadía en Galiza para recoller o Premio Escritora Galega Universal 2018, un encontro-coloquio aberto ao público en xeral na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7 – Santiago de Compostela) acompañada por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.