
A AGE colabora na xornada «A internacionalización da literatura galega en tradución ao inglés: novas oportunidades perante un mercado editorial en apertura»
- En 05/06/2019
Do 17 ao 19 de xuño, no Consello da Cultura Galega, celébrase a xornada “A internacionalización da literatura galega en tradución ao inglés: novas oportunidades perante un mercado editorial en apertura”, organizada polo CCG e coordinada por Olga Castro, Laura Linares e Dolores Vilavedra, en colaboración coa AELG, a Asociación Galega de Editoras, CEDRO, o Centre for Language Research at Aston, Aston University e o Irish Centre for Galician Studies, University College Cork.
O encontro ten como obxectivos fomentar o diálogo entre as/os axentes implicados, identificar novas estratexias de acción, promocionar sinerxías entre contextos académicos e iniciativas editoriais británicas e galegas ademais de mellorar o entendemento cos organismos públicos encargados do fomento da tradución da literatura galega.
As mesas de debate da xornada «A internacionalización da literatura galega en tradución ao inglés: novas oportunidades perante un mercado editorial británico-irlandés en apertura» complementarase con obradoiros formativos especificamente dirixidos ás editoriais galegas e ás escritoras e escritores galegos, organizados en colaboración coa Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
PROGRAMA
LUNS, 17 DE XUÑO
Sesión da mañá
9:15 h. Inauguración
9:30 h. Mesa de debate 1
O CRECENTE ESPAZO DA TRADUCIÓN NO MERCADO EDITORIAL EN INGLÉS
9:30 h. Introdución: Unha panorámica da tradución literaria desde o galego ao inglés como tendencia emerxente (narrativa e poesía). Ana Luna, Grupo Bitraga, Universidade de Vigo
9:40 h. A poesía galega en tradución ao inglés en Irlanda e Gran Bretaña: tecendo redes Manuela Palacios, Universidade de Santiago de Compostela
10:10 h. Traducir narrativa ao inglés: novas tendencias e estratexias para un mercado editorial británico en proceso de cambio Richard Mansell, University of Exeter
10:40 h. As narradoras en tradución ao inglés: iniciativas en marcha na anglosfera. Helen Vassallo e Richard Mansell, University of Exeter; Olga Castro, Aston University
11:10 h. Retruca: Silvia Montero, Grupo Bitraga, Universidade de Vigo, sobre as oportunidades e desafíos da internacionalización da literatura galega, en relación cos tres relatorios presentados
11:25 h. Debate e participación do público. Modera: Ana Luna
11:55 h. Pausa
12:20 h. Mesa de debate 2
AS AXUDAS Á TRADUCIÓN E POLÍTICAS DE APOIO Á LITERATURA GALEGA EN INGLÉS
12:20 h. Introdución: Unha panorámica das axudas de tradución concedidas ás obras galegas traducidas ao inglés. Laura Linares, University College Cork
12:30 h. O impacto das políticas de apoio á tradución nas decisións editoriais (no contexto das ‘pequenas’ nacións europeas) Ondrej Vimr, University of Bristol
13:00 h. Políticas de apoio á tradución en Irlanda e Gran Bretaña. Martín Veiga, University College Cork
13:30 h. Retruca: Cristina Rubal, Xunta de Galicia, sobre as oportunidades e desafíos das axudas á tradución do galego a outros idiomas da Xunta de Galicia, en relación cos dous relatorios presentados
13:45 h. Debate e participación do público. Modera: Laura Linares
14:15 h. Peche da sesión da mañá
Sesión da tarde
16:15 h. Mesa de debate 3
A TRADUCIÓN (DO GALEGO) E O MERCADO EDITORIAL BRITÁNICO
16:15 h. Introdución: Panorámica das diferentes tendencias editoriais á hora de publicar literatura galega en inglés. Olga Castro, Aston University
16:25 h. O noso plan de negocio para a literatura en tradución: oportunidades para os libros galegos? (Videoconferencia) Stefan Tobler, Editorial And Other Stories, Sheffield
16:55 h. O noso plan de negocio para a literatura en tradución: oportunidades para os libros galegos? Clive Boutle, Editorial Francis Boutle Publishing, Londres
17:25 h. O noso plan de negocio para a literatura en tradución e a colección ‘Europa Carnivale’: oportunidades para os libros galegos? Susie Wild, Parthian Books, Swansea/Abertawe, Gales
17:55 h. Retruca: Henrique Alvarellos, vicepresidente da Asociación Galega de Editoras: sobre as oportunidades e desafíos das editoriais galegas, en relación cos tres relatorios presentados
18:10 h. Debate e participación do público. Modera: Olga Castro
18:40 h. Conclusións
19:00 h.-20:00h.
‘Doing business’: reunións concertadas previa cita entre editoriais galegas e británicas
[Na xornada haberá servizo de interpretación simultánea ao inglés e tamén desde o inglés ao galego]
MARTES, 18 DE XUÑO
En colaboración coa Asociación de Editoras Galegas (AGE)
9:00-14:00 h. Obradoiro “Introdución á negociación e contratación”
Actividade formativa dirixida a editoriais galegas impartido por Carlota Torrents, da axencia literaria Asterisc. [Prazas limitadas. Inscricións: s.tecnica@editorasgalegas.gal]
MÉRCORES, 19 DE XUÑO
En colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) co patrocinio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).
9:30-14:00 h. Obradoiro “Creación e sector editorial: Estratexias, contratos e traducións”
Actividade formativa dirixida a escritoras e escritores galegos impartido por Carlota Torrents, da axencia literaria Asterisc. [Prazas limitadas. Inscricións: oficina@aelg.org]
Xornadas ao abeiro do proxecto de investigación Stateless Cultures in Translation: The Case of 21st Century Basque, Catalan and Galician Literatures in the UK, dirixido por Olga Castro con financiamento da British Academy/Leverhulme Small Grants Scheme (2018-2020).
Máis información e inscricións