
A campaña Bonocultura desenvolverase durante o derradeiro trimestre do ano
- En 18/08/2015
Os mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos contarán cunha axuda de 17 euros para mercar libros e asistir a funcións de teatro. O bono cultura terá un custo de 33 euros cun valor de 50 euros de consumo cultural. Mercarase a través da páxina www.tarxetaculturagalega.gal.
Na rolda de presentación da tarxeta-bono participaron, ademais do conselleiro, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a presidenta da Federación de Librarías, Pilar Rodríguez; a presidenta de Escena Galega, Belén Pichel; e o directivo da AGE, Benigno Paz Ramos. O número de establecementos que poderán adherirse a esta campaña é de 180 e deberán facer a súa solicitude a AGADIC. A administración publicará con antelación suficiente a relación de establecementos participantes.