
A Editorial Galaxia convoca a cuarta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020
- En 03/01/2020
A Editorial Galaxia convoca a cuarta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”. Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, en 2017 nacía o Premio Illa Nova de Narrativa, que este ano acada a súa cuarta edición.
O prazo de admisión de orixinais pecharase o 15 de febreiro de 2020
Consulta as bases