A Editorial Galaxia presenta “Golpistas e verdugos de 1936” en Pontevedra
- En 30/09/2019
O venres 4 de outubro, ás 20:00 h, na sede do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, a editorial Galaxia presenta Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, de Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez Macho e Iria Morgade Valcárcel.
O historiador local Pepe Álvarez será o encargado de presentar o acto, ao que asistirán tanto a autoría como Francisco Castro, editor do libro e director xeral da editorial Galaxia.