
ACTO DE PRESENTACIÓN DA GALA DO LIBRO GALEGO 2017
- En 27/04/2017
Esta mañá tivo lugar o acto de presentación da Gala do Libro Galego 2017, un certame de premios que terá lugar o vindeiro 20 de maio ás 19:30h. no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Na súa segunda edición, a Gala do Libro Galego pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial galego ao longo do ano 2016 ao tempo que lle concede a necesaria visibilidade social a un sistema literario galego representado polas súas escritoras e escritores, editoras e librarías. En definitiva, este evento consolida a unión das tres asociacións.
Na presentación do evento, o presidente da AGE, Xosé Ballesteros, na súa intervención, destacou a Gala como o maior evento do ano no país arredor do libro galego. Ballesteros destacou ademais a Gala do Libro Galego como unha festa, mais «non debemos esquecer que o sector do libro galego milita na resistencia cultural, un ecosistema que está a minguar ano tras ano. Mais nós nos imos permitir que se extinga».
O acto de presentación contou tamén coa presenza de Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela, quen suliñou a colaboración e apoio ás tres entidades organizadoras da Gala e ao evento en si mesmo como un apoio á defensa do libro galego; con Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, quen na súa intervención puxo en valor a unión das tres entidades organizadoras da Gala e desexou que esta festa sexa a mostra da consolidación do sector e inverter a situación actual da edición en Galicia cara un mellor futuro para o libro galego; e con Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, que se sumou aos parabéns pola unión da AGE, AELG e Federación de Librarías de Galicia para celebrar o evento, exemplo de unión de esforzos e responsabilidades do sector de cara á cidadanía. Acompañaron o acto os principais responsables das tres entidades organizadoras, ademais de Xosé Ballesteros (da AGE), Cesáreo Sánchez (da AELG) e Antón Pedreira (da Federación de Librarías de Galicia), que subscribiron as palabras do presidente da AGE e das intervencións das entidades colaboradoras.
A Gala do Libro Galego contempla 11 categorías de participación e 3 premios de honra. Os finalistas de cada categoría (que detallamos abaixo) déronse a coñecer o pasado luns 10 de abril. Un xurado independente seleccionará os gañadores.
Relación de finalistas de cada categoría:
Ensaio:
- Os últimos carballos do Banquete de Conxo. De Henrique Alvarellos, Xurxo Martínez González, Francisco Singul, Martín Souto. Alvarellos Editora e Consorcio de Santiago.
- A nosa Terra é Nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931). De Emilio Xosé Ínsua López. Baía Edicións
- Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María. De Mercedes Queixas. Editorial Galaxia
- Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras. De Rebeca Baceiredo. Axóuxere Editora
- O TTIP. Un cabalo de Troia contra a nosa soberanía. De Varios Autores. Edicións Laiovento
Obra traducida:
- A boca pobre. De Flann O’Brienn. Tradución: Isaac Xubín. Rinoceronte Editora
- Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña. Anónimo. Tradución: Henrique Harguindey Banet. Rinoceronte Editora
- Cando os nenos din basta! De Francesco Tonucci. Tradución: Mónica Baleirón, Rut Vázquez. Kalandraka Editora
- A contrafío. De Joris-Karl Huysmans. Tradución: Isabel Soto. Editorial Hugin e Munin
- Laura das Neves e a sociedade literaria dos nove. De Pasi Ilmari Jääskeläinen. Tradución: Tuula Ahola e Tomás González Ahola. Urco Editora
- O día da lagosta. De Nathanael West. Tradución: Carlos Valdés. Irmás Cartoné
Proxecto Literario na rede:
- Brabádegos. Portal de Literatura infantil e xuvenil, de Romina Bal
- Poética, de Fran Alonso
- Os Bolechas
- A Sega. Plataforma de Crítica Literaria
- O país dos libros en galego
- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
Literatura Infantil e Xuvenil:
- A casa do medo. De Agustín Fernández Paz. Editorial Rodeira
- Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. De Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia
- O soño do Merlo Branco. De Agustín Fernández Paz. Ilustracións de Lucía Rodríguez Cobo. Edicións Xerais de Galicia
- Marta e a píntega. De Eli Ríos. Ilustracións de Patricia Román. Editorial Galaxia
- A soidade das medusas. De Iria Collazo López. Ilustracións de Luz Beloso. Editorial Galaxia
Iniciativa Bibliográfica:
- De catro a catro. Manuscrito inédito. De Manuel Antonio. Edición de Anxo Tarrío Varela. Alvarellos Editora e Consorcio de Santiago
- Bolxeviques 1917-2017. Coordinado por Teresa Moure. Edicións Xerais de Galicia
- Será correcto? De Concha Blanco e María Canosa. Hércules de Ediciones
- Aulas sen paredes. De Rosalía Fernández Rial. Edicións Positivas
- Traxes na Galiza. De Paula Gómez del Valle. Cunca Editora
Iniciativa Cultural ou de Fomento da Lectura:
- Salón do Cómic da Coruña
- Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz)
- Chan da Pólvora
- Espazo Lectura (Gondomar)
- Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
- Festigal
Libro Ilustrado:
- Canta connosco. Ilustrado por Óscar Villán. Kalandraka Editora
- Marcopola 4. Avoa Power. Escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. Edicións Xerais de Galicia
- María Fumaça. Escrito por Varios Autores. Ilustrado por Pablo Giráldez. Editorial Galaxia
- Presas fáciles. Escrito e ilustrado por Miguelanxo Prado. El Patito Editorial
- Os lapis primos. Escrito por José Ramírez Lozano. Ilustrado por Natalie Pudalov. OQO Editora
Teatro:
- A filla de Woody Allen. Pequenos actos pseudorrevolucionarios. O Furancho. De Santiago Cortegoso. Edicións Morgante
- Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015). De Manuel Lourenzo. Edicións Xerais de Galicia
- As terapias da doutora Ledicia. De Raquel Castro. Editorial Galaxia
- Voaxa e Carmín. De Esther Carrodeguas. Difusora de Letras, Artes e Ideas
- Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada. De Carlos Labraña. Editorial Galaxia
Xornalismo Cultural:
- Susana Pedreira
- Zig-Zag Diario
- Ramón Rozas
- Ana Romaní
- Xiana Arias
Narrativa:
- O espello do mundo. De Ramón Nicolás. Edicións Xerais de Galicia
- Non é París. De María Canosa. Ediciones Bolanda
- A ferida do vento. De Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia
- Aqueles días en que eramos malas. De Inma López Silva. Editorial Galaxia
- Non hai outro camiño. De Isaac Xubín. Edicións Xerais de Galicia
- Todo canto fomos. De Xosé Monteagudo. Editorial Galaxia
- O Alfaiate Portugués. De Xavier Senín. Editorial Galaxia
Poesía:
- De Claudio Rodríguez Fer. Ouvirmos
- Rosa Tántrica. De Luz Pozo Garza. Alvarellos Editora
- O cuarto das abellas. De Antía Otero. Edicións Xerais de Galicia
- De Fran Cortegoso. Chan da Pólvora
- A relixión do mar. De Xosé Iglesias. Instituto de Estudos Miñoranos
A Gala do Libro Galego 2017 conta co apoio do Concello de Santiago, a Deputación Provincial da Coruña e a Xunta de Galicia.