AXENDA DE ACTOS DE ALVARELLOS EDITORA EN BOS AIRES DO 23 AO 26 DE ABRIL DE 2019
- En 17/04/2019
AXENDA DE ACTOS DE ALVARELLOS EDITORA EN BOS AIRES
DO 23 AO 26 DE ABRIL DE 2019
Martes, 23 – 19 h. CENTRO GALICIA:
“Libros en movemento”, conferencia de Henrique Alvarellos, que explicará
o seu proxecto editorial. Presentado polo profesor e académico da RAG Carlos Brandeiro.
Mércores, 24 – 10 h. INSTITUTO ARGENTINO-GALLEGO SANTIAGO
APÓSTOL. Encontro co alumnado do Centro (110 estudantes entre
12 e 16 anos). Baixo o título “O libro, un tesouro de palabras”, intervirán Henrique Alvarellos, como vicepresidente da Asociación Galega
de Editoras, e a secretaria técnica do gremio.
Mércores, 24 – 19 h. CENTRO BETANZOS. “García Lorca: un poeta gallego en Bos Aires”. Presentación dos libros El gran viaje de estudios de García Lorca (Alvarellos Editora, 2018) e Seis poemas galegos. Edición facsimilar e ilustrada (Alvarellos Editora, 2018). Xunto a Henrique Alvarellos, editor literario destas dúas publicacións, intervirá a actriz galego-arxentina Mirta Mato, a Agrupación Federico García Lorca, pola que participará Gustavo Fernández; o Círculo de Estudios Lorquianos De otro Modo, coa intervención de Elena Boledi e Clelia Volonteri, e actriz e cantante Macarena Coudsi, quen poñerá a coda musical.
Xoves, 25 – 20:30 h. FEIRA DO LIBRO DE BOS AIRES. Participación na Mesa redonda: “Escribir e editar en Galicia. El valor de la resistencia”.
Organizada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Venres, 26 – 19 h. FEDERACIÓN DE ASOCIACIONES GALLEGAS DE
ARGENTINA. Presentación do libro Memorias dun loitador antifranquista
(Alvarellos Editora, 2019), de David Álvarez Carballido, e recital das Cartas de un condenado a muerte (Alvarellos Editora, 2015) de José Mejuto Bernárdez. Participarán Henrique Alvarellos, o historiador Ruy Farías, a psicóloga e escritora Anahí Almasia (coeditora literaria das Memorias do seu tío David), a doutora en Letras Mariela Sánchez (coeditora literaria das Memorias de David A. Carballido) e a psicopedagoga Ana Paula Mejuto, neta de José Mejuto e coautora do libro das Cartas.