
Convocado o Concurso “Balbino” de Relatos 2019
- En 06/02/2019
O Concurso “Balbino” de Relatos premiará ao mellor traballo con 1.500 euros e a publicación da obra na convocatoria de 2019
O Concurso “Balbino” de Relatos, de periodicidade anual, está aberto á participación de escritores e amantes da escritura, de calquera idade ou nacionalidade, co único requisito de que o idioma no que estea escrito o orixinal deberá ser en lingua galega e que terán como motivación temática o rural, o mar e a emigración. A presentación do certame, o martes 5 de febreiro, tivo lugar nas instalacións da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces). Estiveron presentes os representantes das entidades colaboradoras: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Concello de Boqueixón, Concello de Vila de Cruces, a Fundación Xosé Neira Vilas e o responsable de Edicións Fervenza, Manuel Núñez. No proxecto tamén colaboran a Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación de Pontevedra.
Bases
O prazo estipulado para remitir os escritos finaliza o sábado 29 de xuño de 2019. Os relatos deberán cumprir unha serie de requisitos formais: unha extensión de entre 100.000 e 180.000 caracteres, estar escrito en galego e temática vinculada co rural, o mar ou a emigración. As bases estarán dispoñibles para a súa consulta no sitio web www.concursobalbino.com
A obra gañadora será elixida por un xurado profesional de recoñecido prestixio que darán o fallo no mes de setembro. O autor do relato premiado recibirá un premio dobre, un cheque por valor de 1.500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza.