DÍA DO LIBRO: AXENDA DE ACTIVIDADES
- En 20/04/2022
AXENDA DE ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO
Cuarto de Inverno
23 abril | 12:30
Vermú entre libros, coa escritora Emma Pedreira, acompañada de Tamara Andrés, arredor de Os libros que hai en min, na libraría Paz de Pontevedra.
Editorial Bululú
23 abril | 12:30
Presentación de Diferentes diferenzas, na libraría Couceiro de Compostela
Antela Editorial
23 abril | 12:00
Presentación O país da choiva, no Centro Social do Mar de Bueu. Acompañan ao autor, Miguel Anxo Alonso Diz, a editora Alba de Evan e a ilustradora Luz Beloso
Alvarellos Editora
23 abril | 12:30
Xosé Lastra Muruais presenta o seu poemario “Retorno sen volta“, Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba. (Casa da Cultura, A Pontenova).
Editorial Galaxia
Contacontos e animación arredor de “A caca Cuca”, na Feira do Libro de Soutomaior
23 Abril | 11:30
O sábado 23 de abril, celebrarase ás 11:30 h, na Feira do Libro de Soutomaior, o contacontos e animación baseada no libro A caca Cuca, de Irene Alonso Gasalla, ilustrado por Bea Gregores.
Presentación de “Tes cinco minutos #5”, en Vigo
23 Abril | 12:00
Presentación de Tes cinco minutos #5, das alumnas e alumnos da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia, na sala Rosalía da Sede de Vigo. Participarán a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Presentación de “En tempo de desconto”, na Feira de Soutomaior
23 Abril | 12:30
Espectáculo arredor de “Ramona Órbita”, na Feira do Libro de Soutomaior
23 Abril | 17:00
Espectáculo arredor de Ramona Órbita, de Pakolas, ilustrado por Laura Romero.
Conversa arredor de “A historia do cómic de Galicia”, na Feira do Libro de Soutomaior
23 Abril | 19:00
Conversa arredor de A historia do cómic en Galicia, de Octavio Beares.