Ideaspropias Editorial é un selo editorial dirixido á formación, unha editorial viva, cunha visión moderna e que evoluciona constantemente para adaptarse ás necesidades formativas actuais e futuras, especializada en materiais didácticos en diferentes soportes: papel, e-learning, multimedia, etc.
Asemade ofrece un conxunto de accións e instrumentos necesarios para promover e desenvolver unha oferta educativa de calidade que segue a obxectividade e a fiabilidade de dez anos de experiencia no sector formativo.
Datos de Interese
- Ano fundación: 2004
- Cargos directivos:
- Xerente: Pedro López
- Liña editorial: Ideaspropias é unha editorial viva, cunha visión moderna e que evoluciona constantemente para adaptarse ás necesidades actuais e futuras, especializada en materiais didácticos en diferentes soportes: papel, e-learning, multimedia, etc.
- Coleccións: Familias profesionais: Comercio, Industrias Alimentarias, Industrias de fabricación equipos electromecánicos, Servizos á comunidade e persoais, Artes Gráficas, Edificación e Obra civil, Hostelería e Turismo, Educación, Informática, Xestión Empresarial, Idiomas, Sanidade, Seguros e Finanzas, Agraria, Industria pesada e construcións metálicas, Imaxe persoal.
- Títulos do catálogo: 310 (ata decembro de 2008)
- Linguas nas que edita: Galego, castelán e catalán.
- Distribuidores:
Distribucións Arnoia
Logística Editorial del Noroeste
Distriforma S.A.
Azeta Distribuciones
Midac Llibres
Difusió General de Llibrería
Palma distribucións
Liteca