Tulipa Editora nace como un berce creativo, como esas paisaxes montañosas das que eran orixinarias estas prezadas flores no continente asiático. Unha síntese entre a “tulipa” natural e a artificial, esa que nos alumea e ilumina, nas largas horas lectoras, en compañía dun bo libro.
En Compostela, da man de Isabel Patiño, nace este ilusionante proxecto editorial que pretende ser substrato para pequenos agasallos da expresión escrita, facendo que a poesía, o ensaio e a narrativa tomen corpo en papel, baixo a luz cálida dunha tulipa.
DATOS DE INTERESE
Ano da fundación: 2015
Cargo directivo: Mª Isabel Patiño Amboage
Liña editorial: Poesía, Relatos, Novela
Títulos do catálogo:
– El vapor de tu aliento (ISBN: 978-84-697-3989-1)
– Conciencia máxica de ser anfibio (ISBN: 978-84-09-00151-4)
– O dono do derradeiro minuto (ISBN: 978-84-09-06068-9)
– Colección 10X15: Es espera (ISBN: 978-84-949477-4-2)
Os afluentes (ISBN: 978-84-949477-2-8)
Este é o agasallo que lle dou ao meu corpo (ISBN: 978-84-949477-3-5)
Casa (ISBN: 978-84-949477-1-1)
Linguas nas que edita: Galego e castelán
DISTRIBUCIÓN PROPIA
Contacto:
Lugar de Feros, 53 Cacheiras, Teo
15883 A Coruña
Teléfono:+34 609 53 42 15