
Hércules presenta “A saga das curandeiras”, de Marisa Castro, en Vigo
- En 21/02/2023
O venres, 24 de febreiro, ás 20:00, na libraría Librouro de Vigo terá lugar a presentación de “A saga das curandeiras”, de Marisa Castro
Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas