“Identidade e afectos patrios”, de Ramón Villares, gaña o Premio Mondoñedo 2019
- En 14/10/2019
A obra Identidade e afectos patrios, de Ramón Villares, publicada por Editorial Galaxia en 2017, gaña o Premio Mondoñedo10 -2019 na Modalidade Ensaio.
O xurado, reunido o domingo, 13 de outubro, valorou a orixinalidade dunha obra que aborda cuestións que teñen que ver non só co pasado senón que nos dá unha perspectiva de futuro. Sitúase na tradición oteriana da historia de Galicia. Froito do resultado dunha bagaxe ou madurez investigadora e cunha alta calidade literaria.
O acto de entrega do galardón ao autor da obra distinguida co Premio Mondoñedo10 na modalidade de ENSAIO celebrarase en Mondoñedo o domingo, 20 de outubro de 2019, no Auditorio Pascual Veiga, a partir das 12:00h.