
Linteo lanza un novo proxecto de libro infantil baixo o título de Cancodrilo
- En 08/03/2016
Ediciones Linteo publica Cancodrilo vai á escola de Xabier López Mateos, primeiro libro da colección infantil Cancodrilo, un conto fermoso con ilustracións que levan a firma de Javier Rey Feijoo e Silvia González Sánchez e que fascinará a nenos e adultos.
Cancodrilo é un animaliño humanizado e infantil, semella a un neno que quere aprender e enfrentarse ao mundo cotián. É inocente e sempre trata de descubrir algo novo. Nas súas historias acompáñanlle varios personaxes, entre eles destaca o seu mellor amigo Ourizopicón, Adela, Laura, Nico, Brais e Susito. Os protagonistas son unha mestura de personaxes humanos e animais humanizados que conviven sen diferencias aprendendo uns dos outros.
Os contos pretenden transmitir unha mensaxe aos máis pequenos, as historias teñen unha finalidade didáctica, educativa e divertida, de amistade así coma de respeto, estos valores intégranse e foméntanse nas series.
Os contos son independentes uns dos outros. Os protagonistas son amigos que van descubrindo o mundo que lles rodea, moitas veces meténdose en lios, aprendendo cousas novas e útiles. As veces teñen medo das cousas simplemente porque non as coñecen, e precisamente por iso, hai que darlles a oportunidade de descubrilas, deste xeito os nenos síntense identificados cos personaxes.
Outros títulos da colección son: Cancodrilo na horta, Cancodrilo pinta, Cancodrilo aforra, Cancodrilo na granxa.