
MARÍA MARCO COVELO, ANTONIO M. FRAGA E ANDREA MACEIRAS, PREMIOS XERAIS 2020
- En 21/12/2020
- A folla azul, de Andrea Maceiras, Premio Merlín de Literatura Infantil 2020; Santoamaro, de Antonio Manuel Fraga, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020 e Coidadora, de María Marco Covelo, Premio Xerais de Novela 2020
O venres 18 de decembro de 2020, anunciouse en Vigo o ditame da XXXVII edición do Premio Xerais de Novela, a XII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, os tres premios dotados con 10.000 euros cada un.
A folla azul, de Andrea Maceiras, gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil 2020; Santoamaro, de Antonio Manuel Fraga, levou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020 e Coidadora, de María Marco Covelo, fíxose co Premio Xerais de Novela 2020.
Máis información: Xerais