O acto de entrega dos Premios Xerais 2019 conmemorou tamén o 40 aniversario da editorial
- En 21/10/2019
No marco do Museo do Mar de Vigo, o sábado pasado, foron entregados os Premios Xerais 2019, ao tempo que a editorial conmemoraba o seu 40 aniversario.
As persoas galardoadas foron Amador Castro, Premio Xerais de Novela, polo seu título Shanghai a Barcelona; Emma Pedreira, XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa súa obra Os corpos invisibles, e Rosa Aneiros, Premio Merlín de Literatura Infantil, con Xelís, o guieiro das botellas de mar.
Máis información: www.xerais.gal