Programa da Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo
- En 02/07/2019
O martes 2 de xullo, a partir das 20:00h, Antonio Seijas estará asinando exemplares de O soño da serpe na caseta de Librouro na Feira do Libro de Vigo.
Mércores, 3 de xullo, ás 20:00h., Iolanda Zúñiga asina Natura, na caseta da libraría Cartabón.
Xoves, 4 de xullo, ás 19:30h., Ana Fontenla asina Números vermellos, na caseta da libraría Pedreira e ás 20:00h., Ana Cabaleiro asina As Ramonas, na caseta da libraría Cartabón.