
Fabiola Anchorena recolle o Premio Compostela por ‘Esperando o amencer’, editado por Kalandraka
- O 15/12/2022
A esta décimo quinta edición presentáranse 209 obras procedentes de España, Italia, Ecuador, Portugal, Reino Unido, Rusia, Alemaña, Arxentina, México, China, Mauritania, Grecia, Kenia, Australia e Brasil.
Nun acto celebrado onte, 14 de decembro, no Pazo de Raxoi, a peruana Fabiola Anchorena, recolleu o XV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2022 por Esperando o amencer.
Convocado polo Concello de Santiago, en colaboración coa editorial Kalandraka, o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado está dotado con 9.000 euros.
A obra Esperando o amencer, de Fabiola Anchorena, foi seleccionado polo xurado pola “pertinencia e a actualidade do tema tratado, no que a autora dá voz á Amazonía como protesta ante a explotación e a conseguinte destrución do medio”.
Esperando o amencer é un lamento contra os devastadores incendios que aniquilan os bosques, na voz das criaturas que os habitan.