A Feira das Industrias Culturais: Culturgal celebrará a súa décima edición
- O 06/07/2017
Culturgal celebra a súa décima edición en 2017, do 1 ao 3 de decembro. Hoxe foron presentadas en rolda de prensa a imaxe a as liñas do programa, na Casa da Luz, en Pontevedra.
O acto de presentación aos medios do Culturgal 2017 correu a cargo do seu presidente, Manuel Bragado e de Xosé Aldea, director da Feira, acompañados por Anxo M. Lorenzo, secretario xeral Cultura galega – Xunta de Galicia; Carme Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra e Xosé Leal, deputado de Cultura Deputación Pontevedra.
Ao acto de presentación tamén asistiu o presidente da AGE, Xosé Ballesteros, en representación dunha das entidades que forman parte da Feira das Industrias Culturais: Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). A Feira conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Pontevedra e a colaboración de diversas entidades e empresas.
En 2017 Culturgal Feria das Industrias Culturais celebrarase do día 1 ao 3 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, e chegará á súa décima edición co Norte de Portugal como cultura convidada, ademais de contar como novidade, cun novo espazo de arte, comisionado por Antón Sobral e Paula Cabaleiro.
Máis información: culturgal.com
Presentación de propostas para o programa 2017: http://culturgal.com/propostas-programacion-culturgal-2017/
Galería de imaxes acto de presentación Culturgal 2017: