
Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nas Letras Galegas 2022
- O 17/05/2022
Santiago de Compostela, 17 de maio, 2022.- A Real Academia Galega dedícalle as Letras Galegas 2022 ao poeta ourensán Florencio Delgado Gurriarán, cuxo labor literario e activismo político e cultural constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora. Hoxe, 17 de maio, a RAG non só celebra o excelente poeta que foi, cultivador dun galego enxebre, característico das terras de Valdeorras. A través da súa figura tamén homenaxea, por primeira vez, a Galicia do exilio republicano en México, país onde o propio Delgado Gurriarán e outros colegas desenvolveron iniciativas sobranceiras que mantiveron vivo o facho da nosa identidade e que constitúen un referente obrigado da nosa historia contemporánea.
AXENDA DE ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2022
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA: https://www.editorasgalegas.gal/edicions-xerais-de-galicia-propostas-letras-galegas-2022/
- Gurriarán obra poética
- Gurriarán_Miro Villar
- Polos vieiros da saudade_Cajaraville
EDITORIAL GALAXIA: https://www.editorasgalegas.gal/letras-galegas-2022-actividades-e-propostas-da-editorial-galaxia-arredor-da-figura-de-florencio-delgado-gurriaran/
- Un legado infindo
- Florencio vida e obra
- Florencio Delgado Gurriarán
______________________________________________________________________________
OBRA
Bebedeira. Santiago: Nós, 1934. 2ª ed. Vigo: Editorial Galaxia, 2022.
Galicia infinda. Vigo: Galaxia, 1963. 2ª ed. Vigo: Editorial Galaxia, 2022.
Cantarenas. Sada – A Coruña: Ediciós do Castro, 1981.
O soño do Guieiro. Sada – A Coruña: Ediciós do Castro, 1986. 2ª ed. Vigo: Editorial Galaxia, 2022.
Florencio Delgado Gurriarán. Obra poética. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2022. Edición de Xosé Ramón Pena.
Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio. Antoloxía poética. Vigo: Editorial Galaxia, 2022. Edición de Xesús Alonso Montero.
Cajaraville, Héctor: Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade. Vigo: Xerais, 2022.
Carreiro, Pepe: Os Bolechas. As miñas primeiras Letras. Florencio Delgado Gurriarán. Santiago de Compostela: Bolanda, 2022.
Gómez Álvarez, Lucía: Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo. Vigo: Galaxia Editorial, 2021.
Gurriarán, Ricardo: Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista. Sada: Ediciós do Castro, 1999. 2ª ed. Vigo: Editorial Galaxia, 2022.
Llor, Fernando e O Garaxe Hermértico: Florencio. Pontevedra: Deputación de Pontevedra, 2022.
Villar, Miro: Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta no exilio mexicano. Vigo: Edición Xerais de Galicia, 2022
______________________________________________________________________
Tamén lle pode interesar:
Galicia Infinda, por Víctor Freixanes, presidente da RAG
A Real Academia Galega convida a celebrar durante toda a primavera a festa das Letras Galegas: PRIMAVERA DAS LETRAS