
“Galaxia: 72 anos de facermos país”, en Ferrol
- O 13/07/2022
O mércores 13 de xullo, celebrarase, ás 19 h, na sede Afundación de Ferrol, unha charla sobre a Editorial Galaxia, que leva por título “Galaxia: 72 anos de facermos país”.
Interveñen Verónica Rego (Afundación) e Antón Vidal Andión, presidente de Editorial Galaxia.
Esta charla inscríbese dentro da exposición “Siro López e Xavier Alcalá: 50 anos de colaboración con Galaxia”, auspiciada por Abanca, que recolle mostras da arte plástica de Siro, incluídos os traballos orixinais para “Alén da desventura”, e as sucesivas edicións dos libros de Xavier Alcalá editados por Galaxia.