
Galaxia convoca o Premio Illa Nova de Narrativa 2023
- O 22/11/2022
A Editorial Galaxia convoca a sétima edición do galardón coa colaboración do Ámbito Cultural El Corte Inglés, co fin de estimular a creación de autores e autoras menores de 35 anos. A gañadora ou gañador recibirá un premio de 3000 € concedido por El Corte Inglés, unha escultura simbólica conmemorativa do galardón, e a publicación da obra premiada. O prazo de admisión de orixinais pecharase o 15 de marzo de 2023.
Consulta as bases: https://editorialgalaxia.gal/convocase-o-premio-literario-illa-nova-de-narrativa-2023/