
Galaxia presenta “50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar a póla no seu chío”, en Vigo
- O 24/04/2023
O xoves 27 de abril, ás 20 h, na libraría Cartabón de Vigo, celebrarase a presentación de “50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar a póla no seu chío”, de Mero Iglesias.
Acompañando o autor, estarán o xornalista Xulio Xiz, e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.
O acto contará coa interpretación musical do grupo ‘A Quenlla’.