Galaxia presenta ‘Cousas de Farruco’, en Compostela
- O 20/09/2024
O martes 24 de setembro, celebrarase, ás 20 h, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a presentación de “Cousas de Farruco”, de Xosé Luís Bernal.
Acompañando o autor, estará Quico Cadaval, actor, director, adaptador teatral; Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Soledad Felloza, presidenta da asociación de Narración Oral Galega; e Xosé Manuel Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia.