Galaxia presenta “O ladrón de paraugas”, de Xosé Lueiro, en Compostela
- O 02/03/2022
O xoves 3 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Cronopios de Santiago de Compostela, a presentación do álbum ilustrado “O ladrón de paraugas”, escrito por Xosé Lueiro, e ilustrado por Sara Valcárcel.
O libro conta as peripecias de Fazulas, un gato que quere saber de que cor é o vento. O relato aborda cuestións como a igualdade de xénero, os conflitos bélicos ou a situación de pobreza que viven os cativos no terceiro mundo, e faino dun xeito vitalista e esperanzado.
Acompañarán ao autor e á ilustradora no acto, a poeta compostelá Rosalía Morlán, o investigador e crítico literario Armando Requeixo, e o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García.