
GALEUSCA 2018
- O 30/05/2018
As editoras en lingua galega, catalá, valenciana e vasca, reuniranse na Fundación Luís Seoane da Coruña, entre os días 13 e 15 de xuño, no encontro GALEUSCA de editoras, de carácter bianual e desta volta organizado pola Asociación Galega de Editoras, en colaboración coa Asociación de Editores en Lingua Vasca (Euskal Editoreen Elkartea), a Associació d ´Editors en Llengua Catalana e a Associació d’Editors del País Valencià.
- O programa das xornadas profesionais Galeusca centrarase en varias sesións de traballo a cargo das persoas representantes dos distintos gremios: Panorama da edición nas linguas dos territorios Galeusca:
- Propostas e políticas proactivas da situación editorial
- Plans de lectura. Accións concretas e experiencias por cada área lingüística
- Internacionalización do sector editorial nos territorios Galeusca
- A igualdade no sector editorial, un proceso en construción
Galeusca 2018 conta coa colaboración do Concello da Coruña (a través da Concellería de Cultura e a Concellería de Igualdade), da Xunta de Galicia (a través da Consellería de Educación e Cultura) e da Fundación Luís Seoane