
Haruki Murakami recoñecido co Premio Princesa de Asturias das Letras 2023
- O 24/05/2023
- A Editorial Galaxia traduciu ao galego obras como 1Q84, DO QUE ESTOU A FALAR CANDO FALO DE CORRER e TRAS DO SOLPOR
Nado en Kioto, Xapón, en 1949, despois de realizar estudos universitarios, Murakami traballou durante oito anos como encargado dun bar de jazz en Toquio. Ao iniciar a súa carreira como novelista, marchou a vivir a Italia, Grecia e os EUA, onde foi profesor de literatura xaponesa na Universidade de Princeton.
En 1995 volveu ao Xapón e actualmente vive en Toquio. É tradutor de Scott Fitzgerald, John Irving e Raymond Carver. Segundo el mesmo conta, a idea de escribir a súa primeira novela ocorréuselle mentres vía un partido de béisbol, deporte moi popular no Xapón. Escoita a voz do vento (1979) sería tamén a primeira novela da “Triloxía do rato”. Entre as súas novelas máis coñecidas cómpre citar Norwegian Wood(1987) ou Kafka na beiramar (2002).
Catálogo da obra de Murakami en galego na web da Editorial Galaxia
Máis información: editorialgalaxia.gal