
Hércules de Ediciones e a Fundación MJJ convocan o I Premio Asubío de Novela Infancia e Mocidade pola Inclusión
- O 16/04/2021
Hércules de Ediciones xunto coa Fundación María José Jove convocan o I Premio Asubío de Novela FMJJ Infancia e Mocidade pola Inclusión. Dotado con 10.000 euros mais a publicación da novela, ten como obxectivo promover a creación de obras literarias que fomenten a inclusión social. Así mesmo, ambas as entidades queren con este premio apoiar ao sector cultural, en particular aos escritores, nun momento tan complexo como o actual, marcado pola pandemia.
O certame, con carácter bienal, está aberto ata o 30 de setembro, a autores de calquera nacionalidade ou residencia, maiores de idade, cunha obra literaria escrita en castelán ou galego.
A obra premiada publicarase na colección de narrativa “Sen fronteiras” de Hércules de Ediciones no mes de maio de 2022. A editorial doará o 5% do PVP dos libros vendidos ao labor social da FMJJ.
Formulario de inscrición e bases en fundacionmariajosejove.org
Máis información: https://www.herculesediciones.com/gl/a-fundacion-maria-jose-jove-e-hercules-de-ediciones-convocan-o-i-premio-asubio-de-novela-infancia-e-mocidade-pola-inclusion/