Hércules de Ediciones estará no Festival da Luz cun contacontos de “Max e Lea”
- O 04/09/2017
Este ano Hércules de Ediciones e Estefanía Padullés estarán no Festival da Luz, a experiencia solidaria que desde hai anos se organiza en Boimorto (A Coruña). O 8, 9 e 10 de setembro a música, a gastronomía, as demostracións, o teatro e a cultura desenvólvense nunha paisaxe inigualable onde reina a natureza, a reciclaxe, a sustentabilidade e a innovación.
No sexto aniversario do festival, máis dunha corentena de artistas súmanse a un cartel de luxo, no que a recadación das entradas doarase a Oncomet e o proxecto de investigación sobre a Biopsia líquida.
Hércules de Ediciones terá o contacontos de MAX E LEA, o sábado 9 de setembro ás 18:30 h.