Hércules de Ediciones participa na Feira do Libro da Coruña, do 1 ao 10 de agosto
- O 29/07/2022
Hércules de Ediciones presenta ‘María Pita e o pirata’, un álbum ilustrado que achega a historia da heroína da cidade aos máis pequenos da casa, o 4 de agosto na grande cita literaria da cidade herculina
A historia de María Pita para nenas e nenos, na Feira do Libro da Coruña
- Do 1 ao 10 de xullo, autoras e autores como Blanca Paula Rodríguez Garabatos, Javier Becerra, Luisa López Gutiérrez, José María Paz Gago ou Carmen Martínez Torrón asinarán as súas obras na caseta de Hércules de Ediciones
- O catedrático Xesús Alonso Montero presentará “El nombre y la obra de Machado dentro de las coordenadas del franquismo”
O pirata Drake, Felipe II e a súa Armada Invencible, Isabel I de Inglaterra, unha muller chamada Mayor Fernández de la Cámara y Pita e una nena coruñesa chamada María son os protagonistas de “Maria Pita e o Pirata / María Pita y el Pirata” (Hércules de Ediciones, 2022), un álbum ilustrado de Estefanía Padullés que se presenta o xoves 4 de agosto, ás 17.30h, na Feira do Libro da Coruña. A autora estará acompañada da editora, Laura Rodríguez Herrera.
O libro, editado en galego e en castelán dentro da colección Novas lecturas de Hércules, achega ás pequenas e pequenos da casa a historia da heroína coruñesa, exemplo aínda hoxe día da afouteza das mulleres galegas, ás que está dedicado o libro. Así, a través dos textos e das ilustracións cheas de cor, co inconfundible selo da ilustradora catalá afincada en Galicia, nenas e nenos poderán mergullarse nunha época na que no mar había unha morea de piratas e coñecer dunha forma divertida a historia da nosa cidade, desde o desembarco das naves inglesas ata a vitoria coruñesa ao berro de Quen teña honra, que me siga!