Hércules de Ediciones presenta ‘Muxos’, de Héctor Pose, na Coruña
- O 28/06/2022
O xoves 30 de xuño, ás 20h, na libraría Formatos da Coruña, preséntase a novela de Héctor Pose, ‘Muxos’, editada por Hércules de Ediciones. No acto de presentación participarán o autor e a editora de Hércules, Laura Rodríguez Herrera.
Un cativo orfo de pai co don da curiosidade e de interpretar a natureza. Unha muller que anda, le, escoita e escribe para facer fronte aos envites da vida. Un pintor que plasma o mar e ama desde a soidade dun faro. Estes son os personaxes de Muxos, a novela de Héctor Pose que recibiu o accésit do I Premio ASUBÍO de novela FMJJ Infancia e Mocidade pola Inclusión, convocado pola Fundación María José Jove e Hércules de Ediciones.