
Ismael Ramos, Premio Nacional de “Poesía Joven Miguel Hernández” 2022
- O 10/10/2022
Ismael Ramos foi galardoado co Premio Nacional de Poesía Joven ‘Miguel Hernández’, correspondente ao ano 2022, pola súa obra Lixeiro, (Xerais), a proposta do xurado reunido o 7 de outubro. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros.
O xurado destacou a súa obra “pola potencia da súa imaxinación poética, capaz de emprender un canto xeracional entoado desde un desencanto reconciliado que conxuga ironía e nostalxia”.
Ademais, o xurado sinalou que como “bo coñecedor da tradición poética contemporánea, Ismael Ramos ofrece unha proposta desprovista de afectación e moi depurada lingüisticamente que conforma a épica vivencial do ton co trascendente e o lixeiro”.
Biografía
Ismael Ramos, naceu en Mazaricos (A Coruña) en 1994, é autor dos poemarios ‘Os fillos da fame’ (XVII Premio “Xohán Carballeira” de Poesía; Xerais, 2016), ‘Lumes’ (Apiario, 2017) e ‘Lixeiro’ (Xerais, 2021). En 2019 publica en La Bella Varsovia a primera tradución ao castelán da súa obra, ‘Fuegos’, pola que recibiu en 2020 o Premio “Javier Morote” de Las Librerías Recomiendan, e posteriormente ‘Lixeiro’ (Xerais, 2021), publicado en castelán co título ‘Ligero’ (La Bella Varsovia, 2021).
Os seus poemas foron versionados también ao catalán, finés, francés, húngaro, inglés e portugués, e incluídos en numerosas revistas e antologías.