
Kalandraka edita “Despois do diario de Anne Frank”, traducido ao galego por Antón Vialle e María Alonso Seisdedos
- O 11/04/2022
Xa nas librarías Despois do diario de Anne Frank, de Bas Von Benda-Beckmann, editado por Kalandraka e traducido ao galego por Antón Vialle e María Alonso Seisdedos. O novo título da colección Ágora K, é un estudo histórico pioneiro sobre o destino das oito persoas que habitaron a Casa de atrás despois do seu arresto o 4 de agosto de 1944. Un tributo á memoria para que siga viva e alerta ante os desafíos presentes e futuros.