Kalandraka Editora convida á presentación de “Radio Bulebule”, de Paco Nogueiras
- O 02/01/2018
O salón de actos do IES As Barxas de Moaña (Fonte do Unicornio, 2) acollerá o mércores 3 de xaneiro, a partir das 17:00 horas, o concerto de presentación do novo libro-cd-dvd de Paco Nogueiras, “Radio BULEBULE”, publicado por Kalandraka Editora, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo. O espectáculo é de balde, con entrada libre ata completar o aforo do recinto. Dirixido a público infantil e familiar, o espectáculo que se presenta en Moaña -tralo seu paso por Ames, Pontevedra, Vigo, Compostela, Narón, Ourense, Allariz e Vilagarcía, entre outras vilas e cidades- destaca pola participación activa de pequenos e maiores. Ao remate, Paco Nogueiras asinará exemplares.