
Kalandraka editora presenta «Soños á beiramar», de Rosa Estévez, en Cangas
- O 26/07/2022
O venres, 29 de xullo, ás 12:00 horas na libraría Wells (Praza do Arco, 5) de Cangas, Rosa Estévez Gantes presentará o álbum ilustrado «Soños á beiramar», nun acto aberto ao público que contará co acompañamento musical de Xico Peña. Editada por KALANDRAKA con ilustracións de Rafa Antón, a obra aborda cuestións como a amizade e os soños compartidos. Tamén destaca polo tratamento da saudade, un tema pouco habitual na literatura infantil e xuvenil, mais cunha especial significación nos territorios unidos pola lusofonía.
MÁIS INFORMACIÓN: https://www.kalandraka.com/sonhos-a-beiramar-galego.html
KALANDRAKA TV: https://kalandraka.tv/gl/videos/sonos-a-beiramar/