Kalandraka presenta “CHÉVERE: TRINTA E CINCO ANOS DE AXITACIÓN CULTURAL”, en Cangas
- O 22/11/2022
O novo libro intégrase na colección Biblioteca de Teatro de Kalandraka. Unha autobiografía dialogada no trinta e cinco aniversario da compañía.
Presentarase este mércores 23 de novembro ás 19:30h. na sala SalaSon (Rúa Lirio, 30) de Cangas, coa participación de Patricia de Lorenzo e Xesús Ron, acompañados pola directora artística da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, María Armesto.
A autobiografía dialogada de Chévere é o novo froito da colaboración entre a compañía e Kalandraka, que dende hai anos vén editando algúns dos textos máis representativos deste grupo teatral. A publicación, que forma parte do #DesembarcoChévere co que a compañía celebra o seu trinta e cinco aniversario sobre os escenarios.