
Kalandraka presenta «Unha volta ao mundo», de Joseba Sarrionandia, en Vigo
- O 17/03/2023
O escritor Joseba Sarrionandia presentará o seu novo libro, «Unha volta ao mundo», o martes 21 de marzo ás 20:00 horas na Libraría Cartabón (rúa de Urzáiz, 125) de Vigo. Publicado por KALANDRAKA con ilustracións do artista cubano Arístides Hernández ‘Ares’ e tradución de Isaac Xubín, trátase dunha visión crítica sobre unha parte da Historia moderna relacionada coas expedicións marítimas, a apertura de rutas comerciais e a colonización.
O director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, conversará co autor sobre este relato, ademais de repasar -na data na que se conmemora o Día da Poesía– a súa obra poética recollida nas antoloxías «Tempo de exilio» e «Alén da fronteira». Será a primeira ocasión na que Joseba Sarrionandia visite Galicia para presentar a súa obra, pola que está considerado un dos autores máis prestixiosos en éuscaro.
MÁIS INFORMACIÓN:
https://kalandraka.com/event-calendar/joseba-sarrionandia-presenta-unha-volta-ao-mundo-en-vigo/