KIKO DA SILVA ASINARÁ EXEMPLARES DE “MONCHO E A MANCHA” EN LIBRARÍAS DE PONTEVEDRA
- O 01/09/2021
O ilustrador Kiko Da Silva asinará exemplares de «Moncho e a mancha» este venres, 3 de setembro, a partir das 19:00 horas no Espazo Lector Nobel (Cobián Roffignac, esquina rúa do Rouco) e o sábado, 4 de setembro, dende as 12:30 horas na Libraría Seijas (Avda. de Vigo, 13).
KALANDRAKA vén de celebrar o 20º aniversario deste libro cunha edición especial conmemorativa. Ademais de Espazo Lector Nobel e Seijas, outras librarías de Pontevedra súmanse a este mes de «Moncho e a mancha» con escaparates especiais e coa visita do autor.
Máis información: