
LAURA ROMERO E IRIA PEDREIRA FALARÁN ESTE VENRES DO LIBRO FERREÑAS E ROCK AND ROLL
- O 04/03/2021
Este venres ás 19h no local social de maiores de Ororo, Laura Romero e Iria Pedreira falarán do libro Ferreñas e Rock and Roll, un catálogo ilustrado a toda cor no que se outorga protagonismo a trinta e unha músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus respectivos estilos como no conxunto da música galega.