
Lecturas para celebrarmos o 8M
- O 08/03/2022
No #DíaInternacionaldaMuller propoñemos unha selección de lecturas para visibilizar e reivindicar o traballo das autoras, ilustradoras, tradutoras, correctoras, editoras…
Descubre o funcionamento do corpo da man das xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de Santiago sen ocultar que eran mulleres.
Baixo o lema Elas contan en Oqueleo, a editorial recoméndanos unha boa selección de lecturas para visibilizar á muller
A colección Feminismos que, dende a Editorial Galaxia, botaron a andar no ano 2018, unha mostra do seu compromiso coa causa. Reivindicando a efeméride, recomendamos “Mulleres que (nos) dan que pensar”, de África López
“O mundo en que vivín”, de Ilse Losa, narra o relato da fascinante vida dunha nena xudía en Alemaña ata a chegada dos nazis.
“A mestra corremundos”, de Arancha Nogueira, unha oportunidade para que Dora nos fale dunha muller valente e talentosa, amante das palabras e dos retos e que nunca dubidou en levar a cabo o que se propuña. A muller máis importante da súa vida: a súa irmá Pura Vázquez
Alvarellos Editora
“Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán”, de Pilar García Negro, quen examina, neste ensaio, o feminismo de Emilia Pardo Bazán, a súa actitude ante a lingua e literatura galegas ou o trato que dispensou a Rosalía de Castro. Este volume presenta unha ollada ben diferente aos estudos e libros publicados ata hoxe sobre a recoñecida narradora.