Libros de Galicia na Feira do Libro de Madrid
- O 28/05/2024
- Alvarellos, Kalandraka, Triqueta Verde, Edicións do Cumio, OQO, Ediciones del Viento, Bunker Books, Bululú, e os selos de Edelvives, Oqueleo, Anaya e Edebé participarán como expositoras na FLM.
A 83ª edición da Feira do Libro de Madrid terá lugar no Parque do Retiro do 31 de maio ao 16 de xuño de 2024 en horario de L-X 10:30 – 14:00 / 17:00 – 21:00 e de V-D 10:30 -15:00 / 17:00 – 21:00, cun horario especial o venres 7 de xuño, ata as 23:30
https://ferialibromadrid.com/expositores-2024/
EDITORAS GALEGAS CON PROGRAMA DE SINATURAS NA FLM
ALVARELLOS (caseta 285)
O sábado día 1 ás 19 horas asinarán exemplares na caseta 285 as profesoras e investigadoras Olivia Rodríguez-Tudela e ás 20 horas María do Cebreiro e Germán Labrador, responsables de diversas edicións de Rosalía de Castro, Valle-Inclán, Lugrís ou Cela, publicadas por Alvarellos.
O sábado 8 de xuño, ás 19 horas José Miguel Valle asinará exemplares de Leer para sentir mejor e La bondad es el punto más elevado de la inteligencia.
Xunto ás voces inmortais de Rosalía de Castro, Cunqueiro, García Lorca, Pardo Bazán ou Valle Inclán, na caseta de Alvarellos estarán presentes obras poéticas e creativas de Helena Villar Janeiro, Luz Pozo Garza, Lupe Gómez, Emma Pedreira, Claudio R. Fer, Carlos Negro, Pepe Cáccamo e Baldo Ramos, entre outras.
KALANDRAKA (caseta 286)
Noemí Villamuza, Carmen F. Agudo, Concha Pasamar, Borja Ramos e Jorge Padín, Rafa Ordóñez e Isabel Cobo, María Girón, Rosa Osuna e Marta Azcona, Lucía Cobo e José Ramón Alonso, Boni Ofogo e Antonio Rubio asinarán os seus libros na caseta 286 de Kalandraka:
Sábado 1 de xuño:
Antonio Rubio 12.00-14.30
Lucía Cobo e José Ramón Alonso 18.30-20.30
Domingo 2 de xuño:
Boniface Ofogo 12.30-14.30
Boniface Ofogo 17:30-19.30 Caseta 60 – Librería Lita Hormiguita
Venres 7 de xuño:
Rosa Osuna e Marta Azcona 18.30-20.30
Sábado 8 de xuño:
Maria Girón 12.00-14.30
Domingo 9 de xuño:
Rafa Ordóñez 12.30-14.30
Isabel Cobo 18.30-20.00
Venres 14 de xuño:
Borja Ramos e Jorge Padín 19.00-20.30
Sábado 15 de xuño:
Concha Pasamar 10.30-11.45
Anna Font: 12.30-14.00
Carmen F. Agudo 19.00-20.30
Domingo 16 de xuño:
Noemí Villamuza 12.00-14.00
Consulta a axenda completa cos horarios das sinaturas: https://kalandraka.com/event-calendar
TRIQUETA VERDE (caseta 358)
Ceci Moreno, J.C. Andrés, Ramón D. Veiga, Iván R., Silvia Álvarez, J. C. Román, Jesús Castro Yáñez, Paula Merlán, entre outros, asinarán na caseta de Triqueta ata o sábado 15 de xuño. Consulta a axenda de firmas: https://www.triquetaverde.com/gl/feria-del-libro-madrid-2024/
EDICIÓNS DO CUMIO (caseta 358)
Consulta as firmas na súa web: https://www.cumio.com/es/noticias/ya-es-publico-el-calendario-de-firmas-de-cumio-editorial-para-la-feria-del-libro-de-madrid_25
EDICIONES DEL VIENTO (caseta 149)
Sábado 1 de xuño, sinaturas de:
Tito Vivas, de 12:00 a 14:00,
Eduardo Riestra, ás 12:30
Fernando Turmo, de 18:00 a 20:00
Domingo, 2 de xuño, asinan:
Tito Vivas, de 19:00 a 21:00
Fernando Turmo, de 12:00 a 14:00
Sábado 8 de xuño asinan:
Carlos Micó Tonda, de 12:00 a 14:00
Beatriz Alcaná, de 19:00 a 20:00
Máis información: https://ferialibromadrid.com