Masterclass telemática “Escoitando a Rilke. Que nos di o poeta sobre como escribir”
- O 24/05/2021
O martes 25 de maio, celebrarase, ás 18 h, de maneira telemática, unha Masterclass da Escola de Letras, organizada pola Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, que leva por título: Escoitando a Rilke. Que nos di o poeta sobre como escribir. Será impartida por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e da Escola de Letras.
Será a través de Google Meet, en aberto, para todas as persoas que queiran participar.
O acceso realizarase a través da seguinte ligazón: meet.google.com/ggv-wxht-yav