
“Maxina ou a filla espuria”, publicado por Galaxia, terceiro premio na categoría Facsímiles dos Libros Mellor Editados no 2021
- O 06/06/2022
- O Ministerio de Cultura e Deporte concede os Premios aos Libros Mellor Editados en 2021
O MCU recoñeceu co terceiro premio, a edición do libro de Marcial Valladares, MAXINA OU A FILLA ESPURIA, como un dos mellores libros do ano 2021 na categoría de Facsímiles.
A edición, a cargo de Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia, maquetada pola deseñadora Hayat Husein, que publicou a Editorial Galaxia é froito dun acordo coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Real Academia Galega. A dixitalización do manuscrito foi realizada por Unayta.
Este libro, xunto ao resto de premiados, amosarase nas ferias internacionais do libro LIBER, Frankfurt e Leipzig. Nestas dúas últimas, poderá verse na exposición Best Book Design from all over the world.