
Nova entrega da campaña Mergúllate. Le en galego da Asociación Galega de Editoras
- O 02/06/2021
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021.- Mergúllate. Le en galego, a campaña de promoción da lectura iniciada no 2019 que promove a Asociación Galega de Editoras, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, actualízase co novo Bookshelftour con Arancha Nogueira.
As videocreacións e o material gráfico da campaña de promoción da lectura en galego foron elaboradas pola produtora creativa Illa Bufarda e, difúndense a través das redes sociais da Asociación Galega de Editoras.
Na canle de Youtube da AGE, pódese acceder aos BookshelfTour da campaña Mergúllate. Le en galego:
Avance da campaña Mergúllate. Le en galego
Campaña Mergúllate. Le en galego