
O Banco do Libro de Venezuela elixe os poemarios da colección Orihuela e un clásico de Mitsumasa Anno entre “Os Mellores 2022”
- O 22/07/2022
Editado por Kalandraka, «Álbum de familia», con versos de Alejandro Pedregosa e ilustracións de Carole Hénaff, foi distinguido co XIII Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos, e vén de sumar un novo recoñecemento ao figurar entre os gañadores do premio “Os Mellores Libros para Nenos e Mozos 2022” que promove o Banco do Libro de Venezuela. Tamén na categoría de Poesía, a segunda obra gañadora foi «El vuelo infinito», de Fran Pintadera e Alejandra Acosta. Ademais, o clásico de Mitsumasa Anno «Ocultos en el bosque» obtivo outro dos galardóns no apartado de Rescate Editorial. A estes tres premios engádese a Mención Entrañable que recibiu «¿Quién soy? Crías de animales: África», un dos títulos da colección creada polo Tándem Seceda, con ilustracións de Ester García.
+INFO NO BLOG K
https://www.kalandraka.com/blogk/post/premios-los-mejores-2022-del-banco-del-libro