«O LIBRO EDUCATIVO NA ERA DIXITAL», LEMA DO SIMPOSIO QUE A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS CELEBRARÁ EN COMPOSTELA O 21 E 22 DE NOVEMBRO
- O 05/11/2019
- O simposio O libro e a lectura da Asociación Galega de Editoras acada a súa edición número 16 nun encontro que se vai desenvolver no auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, s/n) na mañá e tarde do xoves 21 de novembro e durante a mañá do venres, 22 de novembro.
- Contará coa intervención de Antón Costa e Gregorio Luri, que impartirán as conferencias de apertura e peche; profesoras e representantes das editoras de libro educativo, que participarán en tres mesas redondas e nun panel de experiencias.
- Trátase dun encontro profesional, aberto a todos os públicos, onde se conversará, debaterá e reflexionará sobre a edición do libro educativo na era dixital, a transmisión do coñecemento no ensino e a convivencia do libro en papel e do libro dixital.
Santiago de Compostela, 5 de novembro.- “O libro educativo na era dixital” é o lema do simposio sobre o libro e a lectura que organiza en novembro a Asociación Galega de Editoras e o Departamento de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago, en colaboración con Cedro, Consello da Cultura e a Xunta de Galicia.
Terá lugar no Auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, os días 21 e 22 de novembro. Este simposio reúne a diferentes expertos e promotores da edición de libro educativo coa finalidade de ofrecer formación sobre a actualidade ao sector e ao público en xeral. Trátase dun encontro profesional onde se conversará, debaterá e reflexionará sobre o libro educativo na era dixital, a transmisión do coñecemento no ensino e a convivencia do libro en papel e do libro dixital.
Dúas conferencias, tres mesas redondas e un panel de experiencias vertebran un programa que se inicia o xoves 21 de novembro, ás 10:00 horas. Antón Costa encargarase da conferencia de apertura “Visión histórica da educación en Galicia”. Seguiralle, o panel de experiencias “Editar libro educativo”, con representantes das editoras galegas Baía, Tambre e Rodeira (12:30 horas).
As sesións continúan na tarde do xoves 21 de novembro, ás 16:30 horas, coa mesa redonda “Proxectos educativos dixitais”, a cargo de José Moyano, presidente de ANELE, Ana Guerra, de Edicións Obradoiro, Xosé Manuel Moo, de Xerais e a profesora, Susana Trigo.
Ás 18:30h. celebrarase a mesa redonda “As ferramentas da educación”, con José Javier Pintor, asesor de formación do CFR da Coruña, o pedagogo, Xesús Rodríguez e a representante da AS.PG, Olga Patiño Abeixón, para pechar a xornada do xoves.
O venres 22 de novembro, iniciarase a segunda xornada do simposio, ás 10:00h. coa mesa redonda “O futuro da educación” con Fernando Lacaci, presidente da Confederación de ANPAS galegas, Manuel Bragado, pedagogo e editor e a profesora Paula Fernández Seoane.
Finalmente, Gregorio Luri, encargarase da conferencia de peche das xornadas, “Sen educación non hai lectura”, ás 12:30 horas.
As sesións do XVI Simposio da AGE están abertas ao público, que pode inscribirse de balde ata cubrir as prazas (aforo 100 persoas) no enderezo electrónico s.tecnica@editorasgalegas.gal
PROGRAMA
Xoves, 21 de novembro
Mañá
09:30h. Entrega de documentación
09:45h. Inauguración
10:00h. Conferencia apertura: Antón Costa
Visión histórica da educación en Galicia
12:00h. Pausa-café
12:30h. Panel de experiencias: Editar libro educativo
-
Belén López, Baía Edicións
-
Edicións do Tambre
-
María Xesús Gómez, Rodeira
14:00h. Remate da xornada
Tarde
16:30h. Mesa redonda: Proxectos educativos dixitais
-
José Moyano, presidente de ANELE
-
Ana Guerra (Obradoiro) e Xosé M. Moo (Xerais)
-
Susana Trigo, profesora
18:30h. Mesa redonda: As ferramentas da educación
-
José Javier Pintor, asesor de formación do CFR A Coruña
-
Xesús Rodríguez, pedagogo
-
Olga Patiño Abeixón, AS-PG
19:30h. Remate da xornada
Venres
10:00h. Mesa redonda: O futuro da educación
-
Fernando Lacaci, presidente Confederación de ANPAS galegas
-
Manuel Bragado, pedagogo e editor
-
Paula Fernández Seoane, editora e profesora
12:00h. Pausa-café
12:30h. Conferencia de peche: Gregorio Luri
Sen educación non hai lectura
14:00h. Remate da xornada
MÁIS INFORMACIÓN:
Asociación Galega de Editoras
s.tecnica@editorasgalegas.gal
tel. 881 81 72 64 – 609 83 15 11