O Ministerio de Cultura concede os Premios aos Libros Mellor Editados en 2023
- O 21/05/2024
- Alvarellos Editora e Creotz Ediciones recoñecidos co 2º e 3º Premio nas categorías de Facsímiles e LIX, respectivamente
- O xurado valorou un total de 184 obras entre as cinco categorías: Arte, Bibliofilia, Facsímiles, LIX, e Obras Xerais e de Divulgación
Flor de Santidad. Historia milenaria, de Ramón del Valle-Inclán, editada por Alvarellos. Facsímile da edición de 1920. Ilustracións orixinais de José Moya del Pino (1920). Prólogo de Joaquín del Valle-lnclán Alsina. Introdución de Olivia Rodríguez-Tudela. Acadou o 2º premio na categoría de Facsímiles, valorado polo xurado como un gran exemplar, respectuoso e honesto co orixinal.
Bestiarium, de Dulce María Loynaz e Mo Gutiérrez, editado por Creotz, 3º premio na categoría LIX. O xurado valorou desta edición por facer un excelente uso do papel reciclado, destacando a tipografía lexible para nenas e nenos. Unha encadernación en tapa dura cunha impresión impecable”.
Máis información: https://www.cultura.gob.es